Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural A Estrada  infórmase da convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (Codix), tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación publicada no DOG do martes 1 de setembro, cun prazo de inscricion de 5 dias naturais dende o mercores 2 de setembro incluído este. As solicitudes deberanse facer na páxina web de Cemit http://cemit.xunta.es, dándose previamente de alta como usuario da rede Cemit.

Unha vez que remate o prazo de inscrición, publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede Cemit. As persoas admitidas deberán aboar no prazo de 5 dias desde a data da publicación a taxa de 10 € correspondente aos dereitos de exame seguindo as instruccions que aparecen no DOG.

Os contidos do curso son os seguintes:

–          Sistema operativo, procura da información: internet/intranet e correo electronico.

–          Aplicacións informáticas de tratamento de textos: Libre Office Writer.

–          Aplicacións informáticas de follas de cálculo: Libre Office Calc.

–          Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais: Libre Office Base.

–          Aplicacións informáticas para prestacións: gráficas de información: Libre Office Impress.

Para información máis detallada consultar o DOG número 166 do martes 1 de setembro.

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta