O PSOE denuncia o abandono do asfalto nas pistas do rural

Frades 2Buratos, fendas e pedras soltas e o que ven os veciños día tras días aos circular polas carreteras de titularidade municipal nas parroquias 

Pasaron as elección municipais de maio e máis nada se voltou saber nas parroquias estradenses do Alcalde López Campos e o seu goberno. 4 concelleiros con delegación na área de rural e 2 cobrando por valor de 60.000 euros ao ano e as parroquias estradenses están peor que nunca.

“Os veciños do rural quéixanse e con toda a razón, o estado no que se atopa o asfalto nos viais do rural é deplorable. Hai aldeas do Concello onde non entrou o camión do bacheo nos últimos 5 anos”, denunciou a portavoz socialista.

S. Xiao de Vea 2 Matalobos 1 Barbude 1

 

 

 

 

 

 

A falta de atención aos viais polos que circulan todos os días os veciños e veciñas pon de manifesto a desfachatez e pouca vergonza do alcalde José López e os seus concelleiros. “O mes antes das eleccións corrían polas parroquias con camións de asfalto e hormigón dende a mañá, á noite, incluso en días de choiva para enganar aos veciños e tentar comprar votos. Pero parece que o seu interese polas parroquias non vai máis alá dos meses electoriais, pois non se voltou ver un camión de asfalto en todo o territorio do concello dende entón”.

O estado dos viais é un dos indicadores que se empregan para analizar a seguridade vial e o seu índice de perigosidade, pero á vista do estado no que se atopan dedúcese que é totalmente oposto ao índice de preocupación do alcalde José López pola seguridade dos veciños. O Concello é responsable do estado das carreteras municipais, e polo tanto está incurso en responsabilidade patrimonial en caso de accidentes, avarías de vehículos ou lesións persoais, sen ir máis lonxe no mes de xullo víase na obriga de pagar unha indemnización por danos ocasionados a un vehículo nun bache.

PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta