No canto da Casa das Letras haberá que chamarlle a Casa das Chapuzas
O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, acusou hoxe ao goberno municipal do PP de “incumprimento grave da normativa de emerxencia na Casa das Letras”, en concreto polas portas de emerxencia que instalou o PP.
Segundo explicou o concelleiro nacionalista “as portas de emerxencia teñen que abrir cun simple empurrón, e o que hai na Casa das Letras, non só ten un pestillo normal e corrente, senón que se poden fechar con chave, e unha das follas da porta ten uns pasadores botados, algo que está prohibido por lei”.
Por outra parte o concelleiro do BNG acosou ao alcalde de “deixadez total por ter aínda amoreados e sen colocar os libros da biblioteca, meses despois da súa inauguración”. “Xa se ve o que lle preocupa ao PP a cultura”, engadiu Magariños, “e a prestación dun servizo elemental para todos os veciños e veciñas da Estrada”.
O concelleiro nacionalista acusou ao goberno do PP de ser “uns auténticos chapuceiros e uns inconscientes”. “Inauguraron a toda presa para as eleccións”, afirmou Magariños, “pero logo está todo feito un desastre, e o que é peor, que de haber algunha emerxencia as consecuencias poden ser fatais se non se corrixen as portas que se instalaron para tal fin”.
Xosé Magariños instou ao alcalde a tomar as medidas necesarias para arranxar “a desfeita do que pretendía ser un centro cultural de referencia para todos os veciños veciñas da Estrada”. “Máis que Casa das Letras é a Casa das Chapuzas”, indicou Magariños, “polos desperfectos que acumula”.
BNG de A Estrada




































