O PSOE considera que "a Feira do Moble semella camiñar sen timón"

PSOE eduardo dono belenO Alcalde debe asumir a súa responsabilidade por permitir que a fundación camiñe sen dirección dende fai máis dun ano.

A Feria do Moble 2015 evidenciou que dende fai un ano a fundación discorre sen dirección. As tensións e discrepancias creadas trala feira de 2014 non aportaron ningunha mellora ao sector, se non todo o contrario. A crise interna creada entón baixo o pretexto de abaratar custos e atraer a máis expositores locais a Feira só escondía tras de si loitas de poder.

En 2015 a presenza de expositores caeu a cifras inimaxinables, contando con tan só 6 empresas locais de fabricación ou venda de mobles, a presenza de publico sufriu unha merma evidente e non se facilitaron nin datos económicos do evento, nin volume de negocio ou asistencia.

unnamed10«A valoración realizada polo Sr. Memesio Rey, concelleiro delegado polo alcalde ao efecto, resulta totalmente desafortunada e mesmo semella que considera ao sector totalmente incauto, mentres a asociación de mobleiros prefire non realizar valoracións. O goberno municipal ten que deixar de enganar dicindo que se cumpriron expectativas ou que a presenza de público do último día salvou unha feira de 9 días e apostar claramente polo sector e a Fundación como elemento de traballo, non como mera pantalla detrás da que agocharse”

O sector do moble é claramente un sector estratéxico na economía da Estrada e o bo funcionamento da Feira do Moble interesa a todos os estradenses. É preciso facer valoracións obxectivas, con datos reais enriba da mesa e deixar de seguir alentando o malestar dentro do sector para afrontar da man medidas de cambio efectivas

“A fundación seguirá sen dirección camiñando cara a súa posible desaparición se non se toman cartas urxentes no asunto. É necesario convocar de xeito urxente un padroado da Fundación da Moble para dar as explicacións pertinentes dos erros cometidos e fixar responsabilidades. Resulta imprescindible dar cabida na organización da Feira ao profesionais do sector cos que non se contou nunca e traballar todos unidos”.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta