parece ben enterrar varios millóns de euros nun único proxecto megalómano, cando se podía empregar a metade noutro deseño das zonas de lecer e esparcimento».
«No BNG xa se posicionou en contra da Alameda no seu momento», indicou o concelleiro do BNG, «e seguirémolo facendo». «Ampliala é tirar cos cartos», afirmou Magariños, «xa que o útil é dispersar as zonas de lecer polo casco e non concentralas nun só punto». «Os veciños e veciñas da Estrada teñen dereito a ter unha zona de lecer preto do seu domicilio», engadiu Magariños. «Ese é o noso proxecto, o do alcalde aínda non se sabe cal é, non teñen un deseño urbanístico do concello, só teñen ocorrencias», afirmou Magariños.
«Por outra parte», explicou Magariños, «no BNG estamos a favor das consultas populares, creemos que son necesarias cando se teñen que tomar decisións importantes como esta da ampliación da Alamenda, pero que teña coidado co seu partido, que xa sabemos todos como as gasta cando son outros os que deciden consultar á cidadanía, non vaia ser que o inhabiliten», ironizou o concelleiro nacionalista.
BNG de A Estrada






































