O alumnado dos centros educativos IES nº 1, e IES Antón Losada Diéguez, da
Estrada, tivo a ocasión de presenciar o filme A PRAIA DOS AFOGADOS QUE se
está a estrear neste mesmo mes de outubre nas pantallas dos cines galegos.
A actividade está organizada polo Departamentos de Biblioteca, Lingua
Galega e Equipo de Dinamización Lingüística de ambos os dous centros,
encargándose da proxección a empresa MINICINES CENTRAL da Estrada. Dita
proxección tivo lugar no Auditorio da Academia Galega de Seguridade
Pública, a cuxa xerencia agradece toda a colaboración brindada a
organización do evento.
Participaron na mesma máis de 350 alumnos/as e profesores/as que tiveron a
ocasión de disfrutar dun novo éxito do cinema na nosa lingua.
A praia dos afogados achegase ao xénero policiaco, baseándose na coñecida novela do






































