Esta noite ás 20:30 horas o Teatro Principal acollerá o 25 Aniversario dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística que este ano recollerán o equipo estradense de fútbol gaélico Irmandiños, a Cooperativa Feiraco e José Antonio Gómez Segade.
O actos estará amenizado polo cuarteto de arpas Lulavai.
Como novidade, ao igual que xa aconteceu co Premio de Novela García Barros, poderáse seguir a entrega a través de Periscope no perfil do concello de A estrada (@c_aestrada).