O recinto feiral estradense pecha o calendario de eventos deste ano co 3º Salón de Vehículos Clásicos e a 48ª Feira de Antigüidades e Artesanía

image002· Os vindeiros días 12 e 13 de decembro, o recinto feiral estradense, celebra unha nova edición de Motor Classic. A mostra complementaráse coa 48ª Edición da Feira de Antigüidades e Artesanía.

· A mostra contará con dous pavillóns de exposición de vehículos clásicos (motos, coches e bicicletas), outro cun mercadillo de pezas, recambios, accesorios e complementos varios do motor e logo un a maiores con antigüidades e artesanía.

· Habilitaráse parking gratuito dentro do propio recinto para os que asistan nos seus vehículos clásicos.

· Mantense a entrada gratuita para os visitantes.

· Preto dun centenar de firmas presentes, distribuidas ao longo de catro pavillóns, cunha superficie expositiva de 7.400 m2.

Nestes intres, o recinto feiral estradense, atópase inmerso no que será o último dos certames do seu calendario feiral 2015. Trátase dunha doble mostra: 3º Salón Motor Classic e 48ª Feira de Antigüidades e Artesanía.

Os días doce e trece de decembro, o mundo do motor recala no recinto feiral estradense, contando na presente edición con numerosas firmas relacionadas co mundo do recambio, accesorios e complementos varios, destinados específicamente a vehículos clásicos e históricos.

O certame, ocupará un espazo expositivo de mais de 7.400 m2, distribuidos ao longo de catro pavillóns, contando igualmente, dentro do propio recinto, cunha zona especialmente habilitada para que os visitantes que asistan á mostra nos seus vehículos clásicos.

Motor Classic, é a última aposta que o recinto feiral estradense incorporou ao seu calendario feiral anual pero está contando con grande aceptación entre visitantes e participantes. O mercadillo de pezas e recambios estáse ampliando ano a ano e xunto a firmas expositoras galegas, hai que contabilizar tamén outras chegadas do resto de España e incluso de Portugal, en total máis dunha vintena.

Pola súa banda, varias Asociacións, clubes e particulares, participarán na sección de exposición de clásicos que ocupará un total de dous pavillóns a cuberto e espazo exterior para autobuses, etc…

Motor Classic, contará co respaldo da tradicional e consolidada Feira de Antigüidades e Artesanía que xa vai pola corenta e oito edición, sendo un referente consolidado do sector e do calendario feiral dos recintos da nosa Comunidade Autónoma.

image001Un total de trinta e cinco anticuarios, incrementarán e darán cobertura a Motor Classic 2015. Os anticuarios galegos unha vez máis, vólcanse coa mostra que igualmente é secundada por outras firmas procedentes do resto do estado.

A artesanía pola súa banda, tamén contará cunha representación que ascende a un total de dez firmas de procedencia autonómica e nacional.

O recinto feiral, abrirá en horario ininterrumpido de dez a vinte horas, amosando variedade de productos, así como, de pezas, recambios e accesorios do motor e unha nutrida área expositiva de vehículos de incalculable valor. As coleccións privadas de vehículos clásicos e históricos, farán as delicias dos visitantes máis esixentes.

Motor Classic, publicitouse incluso en revistas especializadas de tirada nacional e igualmente a traverso dos tradicionais formatos que se veñen empregando nos diferentes certames que celebra o recinto.

Os días 13 e 14 de decembro, máis dun centenar de firmas entre expositores, asociacións, clubes e particulares, sorprenderán e tratarán de captar o interese dos visitantes que recalen no recinto feiral estradense.

Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Feiras, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta