Este venres a ACOE prepara unha nova campaña «Venres Meigo» que contará coa participación de 60 locais con un 20% de desconto ou superior.
Los locais que terán o desconto en horario comercial estarán distinguidos por unha escoba no exterior así como un cartel que indique o desconto que realizan.
O prato forte da xornada será un concurso que realizará un usuario da tarxeta «aestradaPlus» que se escollerá por sorteo. O participante disporá dun tempo para recorrer 12 tendas, que se elixiran tamén por sorteo intres antes do comezo do concurso, e gastar 500 euros exactos. Os comercios elixidos sairán dos 60 participantes no Venres Meigo e estarán repartidos en 3 zonas, dos que sairán 4 de cada zona para completar as 12 tendas. Antes de comezar avisarase as tendas para que dean preferencia de atención ao participante ao ter límite de tempo para as compras.
O concurso comezará ás 17:30 horas dando a saída as actividades organizadas pola Asociación de comerciantes para a tarde. Ás 19:30 partirá un desfile con 100 Meigas dende a Porta do Sol, subindo pola rúa Ulla, Calvo Sotelo, Farola, Serafín Pazo e rematar na Praza do Concello onde realizarán unha «flasmob». Seguidamente realizarase queimada gratis realizando o conxuro e chocolate tamén de balde para 300 persoas presentando tíckets de compra nos comercios asociados á campaña.
Ante a novidade da campaña, espertou o interese da TVG que se atopará pola vila realizando conexións en directo no seu programa de tarde «O que pasa aquí».