A Estrada opta a conseguir 5 millóns de euros dos fondos FEDER

IMG_3968

A Estrada presentarase á convocatoria dos fondos FEDER dentro das Estratexias de Desenrolo Urbano Sostible e Integrado. Estes fondos financian o 80% das actuacións subvencionadas ata un tope de 5 millóns de euros na categoría do noso concello.

Así no lo contou o alcalde, José López, acompañado dos concelleiros Juan Constenla, Alberto Blanco e Amalia Goldar.

Dende o concello fan un chamamento a todos os veciños e veciñas para que participen nunha enquisa, que están a realizar no concello, con ideas de actuacións a desenrolar nos vindeiros 5 anos. Para complementar o cuestionario deberase marcar o campo de actuación (Reforzar o coidado do medio ambiente, Mellorar os servizos públicos a través aess 2020 lopezdas novas tecnoloxías, Mellorar a eficiencia na xestión de recursos, Reforzar a política social, Dinamizar a oferta cultural e de ocio e impulsar o turismo, Mellorar a mobilidade) e seguidamente indicar cal sería a actuación que realizaríamos. Pódense indicar ata 3 actuacións por campo seleccionado.

Poden atopar a enquisa na páxina web do concello, AESS 2020, ou no seguinte enlace:

http://aess.aestrada.com/

 

 

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta