O IES Nº1 realizou varias actividades nesta semana contra a violencia de xénero

2015 violencia de xenero  (20)O IES Nº 1, ao longo desta semana, estanse a desenvolver unha serie de actividades encamiñadas a concienciar o noso alumnado da gravidade da violencia de xénero, que conclúe o 25 de novembro cunha concentración  na que participamos os tres IES da Estrada.

O noso Centro deseñou unha pegatina, que se reparte entre toda a comunidade educativa, como sinal identificativo da nosa protesta contra esa lacra.

Por outra banda, recóllense as noticias que, nos últimos meses, deixan patente o incremento deste grave problema social, e que se expoñen  nun panel situado na entrada do centro.

2015 violencia de xenero  (11)Ademais, co lema “Nin unha morta máis, nin unha muller menos”, montamos unha exposición de zapatos vermellos que denuncian todas as mortas que van no 2015.

Así mesmo, rendemos unha homenaxe a cada muller asasinada neste ano, deixando constancia do nome, idade, data e lugar en que se cometeu o crime.

Na Biblioteca armouse unha mesa con todo o material do que se dispón arredor deste tema. Por outra parte, o alumnado esta a realizar traballos diversos, tales como carteis, relatos..que  se colgan no blog do do centro.

IES Nº1

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta