Por terceiro ano consecutivo o CEIP o Foxo realizou as etiquetas da campaña «Bicos a Moreas» en colaboración coa ACOE e ACE.
Estas etiquetas serán repartidas polos comercios asociados a ACOE para acompañar os agasallos deste Nadal. En total son 15.000 etiquetas en 97 deseños diferentes con mensaxes como Quérote un mundo, Bicos a Moreas, Es un Sol….
Esta inicativa foi moi ben acollida dende o comezo polo comercio local e polos clientes que cada vez máis preguntan por elas para os seus agasallos.
Ademais Fran Penas en representación da ACOE aproveitou a ocasión para entregarlles aos alumnos do Foxo as cartas da asociación para os Reis Magos. Todas as que sexan entregadas nas oficinas da ACOE entrarán nun sorteo, no cal o gañador ou gañadora será obsequiado cos agasallos que figuren na carta.