A agrupación estradense Tequexetéldere está a realizar clases de baile nos institutos locais, IES Antón Losada, IES García Barros e IES Nº1, para achegar aos xóvenes o baile tradicional galego.
Esta iniciativa que naceu hai xa catro anos ampliouse tamén durante o mes de outubro aos centros públicos da vila, Figueroa e Pérez Viondi.
Na imaxe alumnos do Antón Losada no comezo das clases co monitor Eduardo Rial.






































