A Asociación Cultural Vagalumes fai unha lembranza de Olimpio Arca Caldas polo cabodano do seu falecemento

IMG_4123Este 25 de novembro cumpriuse o primeiro cabodano do pasamento de Olimpio Arca Caldas. Esta data tráenos a memoria colectiva vila que el recuperou ademais da persoa e a súa relación de amizade e veciñanza. Desde a Asociación Cultural “Vagalumes” apreciamos o importante labor que deixou a toda a sociedade estradense en canto a defensa e promoción da lingua e cultura galega en xeral e particularmente a súa implicación coa nosa vila e a nosa comarca no estudo do seu patrimonio natural, histórico, cultural e humano.

Nos soportais do concello os integrantes da Asociación Cultural Vagalumes, Clara Iglesias, David Otero e Tino Regueira, explicáronnos en que consiste a súa proposta e os actos que este ano ían a celebrar na memoria de Olimpio Arca.

Son moitas as facetas que cultivou este egrexio estradense, e desde a Asociación Cultural “Vagalumes” quixeramos lembrar e dar continuidade a todas elas, especialmente Vagalumescoincidindo co aniversario do seu pasamento. De aí que este ano dediquemos unha xornada a tratar o seu traballo de investigador do noso patrimonio. Mais hai un aspecto relacionado coa súa vocación literaria e pedagóxica que quixéramos subliñar especialmente e que ao noso xuízo merece o apoio institucional necesario: O seu traballo de promotor do teatro escolar, do teatro infantil, co que introducir desde moi novos aos rapaces na cultura e na creatividade.

O pasado martes fixeron entrega no Concello dunha proposta para homenaxear todos os anos a Olimpio Arca e lembrar e dar continuidade ao seu labor no ámbito do teatro para nenos e nenas.

Ofrenda floral no cabodano do seu pasamento

_DSC7207O 25 de novembro, levouse a cabo unha ofrenda floral diante da tumba de Olimpio Arca Caldas, no cemiterio da Estrada, conmemorando o cabodano do seu pasamento.

Mesa Redonda: Olimpio Arca e o patrimonio da nosa comarca

A recollida, inventario, conservación e difusión do noso patrimonio material e inmaterial foi unha inquedanza constante de Olimpio Arca. O seu inmenso traballo na nosa comarca fixo posíbel a recuperación e estudo das nosas tradicións, da nosa riqueza arqueolóxica, da historia local, etc… e por iso quixéramos recordar e, tamén, proseguir este labor. Con este fin celebraremos unha mesa redonda esta noite ás 20:30 h. no salón de actos do Museo da Madeira e Móbel (Mome).

Intervirá neste acto Carme Sánchez Aríns, Xosé Fuentes Alende, Heitor Picallo e Xosé Manuel Nogueira, que tocarán as diversas dimensións do traballo desenvolto por Olimpio Arca neste ámbito así como a avaliación da situación actual do patrimonio na nosa comarca e o debate sobre as proposta de actuación.

Asociación Cultural Vagalumes

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta