Os socialistas consideran o borrador dos orzamentos "raquiticos" e pouco transparentes


Dono PSOE 221015PSOE considera que o borrador dos orzamentos reflexa a dobre cara do goberno municipal. Predican redución de gastos mentres propoñen executar en 2016 un orzamento que incrementa os gastos en compra de bens correntes, subministros e servizos en 514.048 €.

Amosan que o Concello recaudará máis dos seus veciños, un incremento de 325.000 €, dos que 220.000 € procederán directamente dun incremento na recadación do IBI (un 65,5 % do incremento). Pero este incremento de ingresos non se traduce en mais servizos aos veciños nin en inversións reais que den resposta ás necesidades dos estradenses. En 2016, o presuposto de gastos en programas de servizos públicos básicos redúcese en 267.872 euros.

Son uns orzamentos menos transparentes incluso que os de 2015. Nos distintos programas redúcense partidas con obxecto definido e increméntanse as partidas destinadas a outros subministros e a outros gastos diversos. “Partidas xenéricas que se converten en caixóns desastre nas que o goberno do alcalde José López agocha os gastos”. Non só iso, increméntanse subvencións nominativas concedidas a dedo a entidades que antes debían competir en condicións de igualdade para obter axudas.

Son uns orzamentos raquíticos en canto a inversións que solucionen os problemas que os estradenses soportan día a día. As inversións en infraestruturas son totalmente insuficientes e líganse totalmente á petición dun novo crédito, que polo momento nin os técnicos de intervención saben se se poderá pedir. Ademais, a previsión de 270.000 para viais do noso rural, formado por 50 parroquias, deixa unha previsión de 5.400 € por parroquia, sen dúbida unha cifra ridícula a todas luces. Redúcense os apoios ás cooperativas agro-gandeiras mentres se incrementan os fondos para a feira da becerra.

Dende o grupo socialista presentamos diversas emendas na comisión de facenda de onte. Pedimos a redución de gastos correntes, por exemplo dos gastos non transparentes e de gastos de protocolo e publicidade. Solicitamos que se contemplen partidas específicas para solucionar os problemas da traída de auga no casco urbano, para solucionar os problemas de vertidos de fecais existentes, habilitar saneamentos no rural, solucionar os problemas de auga da traída municipal na parroquia de Codeseda, fondos para inversión en solo industrial e dotacións no Polígono de Toedo, rematar a obra das instalacións da policía local e melloras de seguridade vial. Pedimos tamén que se trate en condicións de igualdade a todas as cooperativas e asociacións e non se establezan distintos raseiros de medir, algo que se fomenta coas axudas a dedo.

Por primeira vez a inicio de ano a Deputación notifica ao Concello os fondos dos que van dispor, sen embargo non se contemplan. Estamos a falar dunha importante cantidade.

Grupo Municipal Socialista

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta