O Domingo día 7 Couso celebrou o seu entroido, durante a mañá recorreron a parroquia coas súas carrozas e comparsas e dando os vivas dos xenerais a todos os veciños e veciñas.
Xa pola tarde achegáronse ata o lugar de Souto de Vea, da parroquia veciña de San Xurxo de Vea, que dende hai uns anos colabora coa parroquia de Couso, alí os máis pequenos realizaron o atranque dos mini xenerais a pesar de que xa comezaba a chover. Logo trasladáronse ao campo da festa de Couso onde estaba previsto o prato forte do día, o Encontro dos Xenerais do Ulla, pero a pesar de que comezaron mentres o público se resgardaba no palco da música, finalmente víronse obrigados a suspendelo ante a intensidade da chuvia.
[embedplusvideo height=»390″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/1PSVH3h» standard=»http://www.youtube.com/v/42I-cxKN8go?fs=1&vq=hd720″ vars=»ytid=42I-cxKN8go&width=640&height=390&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=1&chapters=¬es=» id=»ep5030″ /]



































