Este mércores o MOME acollerá o Día de Rosalía, na conmemoración do seu nacemento

Día RosalíaCon motivo do Día de Rosalía, a parte do acto previsto para o día de mañá no MOME onde unha representación de cada un dos centros de ensino do noso concello recitaran un poema e da posterior actuación do grupo Cantar a Mares, dende o Concello da Estrada preparouse un vídeo onde 28 veciños e veciñas relacionados co mundo da música, o deporte, o teatro, os medios de comunicación, o folclore, o asociacionismo, a hosteleiría e o mundo empresarial entre outros do noso Concello recitaron o poema «A xustiza pola
man», en diferentes localizacións da Estrada, como o Pazo de Oca, o Areal de Berres, Ouzande, a Torre de Guimarei, a Praza do Concello ou a Casa das Letras son algunhas delas.

[embedplusvideo height=»390″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/21nKs84″ standard=»http://www.youtube.com/v/bUAieiV_Epg?fs=1&vq=hd720″ vars=»ytid=bUAieiV_Epg&width=640&height=390&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=1&chapters=&notes=» id=»ep7676″ /]

Este vídeo xa se está difundindo polas redes sociais oficiais (facebook, twitter e instagram) do Concello con grande repercusión, será colgado na páxina web do Concello e mañá será reproducido no acto conmemorativo do Día de Rosalía

Enderezo da canle onde poderedes atopar outros vídeos
https://www.youtube.com/channel/UCTBs4R14jqH0Lbh1oQoun3A

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta