O Sábado 27 as 20:15h. no Manuel Regueiro de Figueiroa, IRMANDINHOS A ESTRADA vs ESTRELA VERMELHA DE COMPOSTELA.
O Sábado 27 as 21.30h. no Manuel Regueiro de Figueiroa, IRMANDINHAS A ESTRADA vs ESTRELA VERMELHA DE COMPOSTELA.
O Sábado 27 as 15:00h. no campo da Torre da Coruña, ÁRTABRAS DE OLEIROS vs BRAITHREACHAS A ESTRADA
Terceiro tempo Na cafetería Mimela as 23h. ESTADES TODOS CONVIDADOS.
Esta é a última oportunidade dos equipos de A Estrada para engancharse á liga e non dar todo por perdido.
Para este encontro Irmandinhos precisa da súa afección.
Está vai ser unha xornada intensa na que Fillas de Breogán e Ártabros defenden os seus
liderados, as breoganeiras reciben as Mecas d’Ogrove nun partido que de gañar achegaríaas un chanzo máis ao título de campioas de liga galega.
Os Ártabros reciben aos Herdeiros De Dhais F.G. nunha recta final de liga na segunda división que promete ser apaixoante e na que os corvos queren aferrarse á primeira praza con todas as súas forza e así facerse co campionato de segunda e ascender de xeito directo á primeira división da Liga Galega Masculina.
Tamén nesta xornada e xa con obxectivo mais modestos pero non menos importantes os Fillos reciben aos Mecos FG nun partido pola loita pola terceira praza do campionato mentres Ártabras queren certificar a súa melloría coa que sería a segunda vitoria das oleirenses na Liga, para elo terán que vencer a unhas sempre competitivas Braithreachas dos Irmandinhos A Estrada.






































