A Estrada firma un convenio con Cuntis para a utilización das pistas de atletismo

IMG_2212

IMG_2227No mediodía de onte os alcaldes de A Estrada, Xosé López, e Cuntis, Manuel Campos, acompañados polos edis de deportes dos dous concellos, Ismael Pena e Conchi Campos, firmaron un convenio para a utilización das pistas de atletismo de Cuntis polos clubs de atletismo locais, Atletismo A Estrada e Club Deportivo San Paio.

López da por satisfeita así a promesa de buscar unha solución aos numerosos atletas estradenses que non contaban cunhas instalacións axeitadas para a práctica deste deporte. Ata o de agora, algúns deportistas empregaban o campo da Baiuca para entrenar, pero ante o comezo dos traballos de demolición perdían tamén este espazo.

Ambos rexedores destacaron a importancia deste tipo de colaboracións entre concellos para compartir infraestructuras e gastos nestes tempos nos que xa non se poden realizar «obras faraónicas», ao igual que os veciños de Cuntis se desprazan á Estrada e Caldas para a utilización da piscina climatizada, que sería algo imposible de construir e manter en Cuntis por parte do Concello, comenta Manuel Campos. López tamén se comprometeu a dotar as instalacións de material necesario para o disfrute de todos os usuarios aínda que no acordo o Concello de Cuntis non solicitou ningunha contraprestación.

IMG_2229Ademais de A Estrada, as pistas tamén serán utilizadas por atletas de Moraña e Caldas. Manuel Campos destacou a importancia de usar estas instalacións, non solo pola inversión que supoxo cando se realizaron e os costes de mantemento, senón tamén porque se deterioran máis polo desuso que polo uso.

Así os clubs estradenses poderán dispor deste espazo nos días e horarios que desexen en concordancia cos atletas de Moraña e Caldas, agás os martes e xoves que son utilizadas polos atletas cuntienses. En principio solicitaron a utilización das pistas os luns, martes e mércores de 10 a 12 horas e de 16:30 a 20 horas.

En principio solo se permitirá a utilización a atletas que formen parte destos dous clubs locais pola necesidade de que haxa alguén responsable do bo utilizamento das instalacións. Se algún atleta fora destos clubs quixera entrenar alí deberá dirixirse ao concello para estudiar o caso en particular.

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta