O IES Antón Losada Diéguez celebrou hoxe o día da Muller

CARTEL PAN PAN LOSADAO IES Antón Losada Diéguez da Estrada realizou hoxe dentro da celebración das actividades arredor do día da Muller, a representación da obra de teatro PAN! PAN!a cargo do grupo santiagués A Panadaría (www.apanadaria.es). Trátase dun espectáculo teatral de primeiro nivel en Galicia, do cal achegamos información máis abaixo, levado adiante por unha compañía formada exclusivamente por mulleres, e que leva colleitado nestes dous últimos anos varios premios, así como un grande éxito de representacións e público.

A iniciativa enmárcase no traballo que ven levando o Equipo de Orientación do centro, a través do plan de acción tutorial, e que constitúe ademais uns dos obxectivos colectivos do Instituto, e que ten como fin a educación en igualdade de rapaces e rapazas, así como o traballo en valores como o respecto, a igualdade de xénero, o rexeitamento da violencia de xénero, a visibilización das iniciativas e do traballo das mulleres, etc.

O IES Losada fai un grande esforzo organizativo para a realización desta actividade, que reúne diversos departamentos didácticos e pedagóxicos do centro, así como a dirección do mesmo, co fin de achegar ao alumnado de 3º, 4º ESO e 1º e 2º Bacharelato (130 alumnos e alumnas), unha representación teatral de calidade, que permite a difusión do traballo de mulleres mozas, e que aborda desde unha óptica contemporánea e iconoclasta as relacións
amorosas entre as persoas. Todo isto a través dunha posta en escena na que destaca o magnífico traballo actoral das protagonistas.

Breve recensión sobre a obra e o grupo

panpan6-x1000PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos «westerns» americanos. Conta a historia de Harry, un «cowboy» que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do «Far West», haberá «whisky», balas e «country». Amor e vinganza a partes iguais!

Premios

*- Premio da Crítica Galicia 2015*

*- Areta Bolado Mellor Actriz Secundaria nos Premios María Casares 2015*

*- Nominada a Mellor Música Orixinal nos Premios María Casares 2015*

*- Primeiro premio Xuventude Crea 2013*

*Creación e interpretación: *Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman

*Idea orixinal / texto: *Areta Bolado

*Música orixinal: *Ailén Kendelman

*Atrezzo: *Isabel Mouzo

*Iluminación: *Montse Piñeiro

*Fotografía: *Pilar Abades

*Deseño gráfico: *Noelia Castro

IES Antón Losada

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta