O Club da Lectura agota as prazas para o grupo infantil e abre lista de espera para a creación doutro grupo

IMG-20160304-WA0023O pasado venres tivo lugar a presentación do Club de Lectura de A Estrada na Casa das Letras. O Club conta con tres grupos, un infantil (de 8 a 12 anos), un xuvenil (de 12 a 15 anos) e un de adultos (para maiores de 16 anos).

O grupo infantil completou rapidamente as 12 prazas, polo que dende o Concello decidiron abrir unha lista de espera e, de anotarse un número suficiente de rapaces, formar un novo grupo infantil.

En canto as demais categorías, xuvenil e adultos, non se completaron aínda as prazas mínimas para a formación dos grupos, polo que están pendentes de que se apunten máis persoas durante esta semana.

IMG-20160304-WA0025Os clubs reuniranse os xoves cada dúas semanas na Casa das Letras e para participar os interesados deberanse inscribir no Departamento de Cultura do Concello de A Estrada.

Tamén será necesario facerse socio da biblioteca para o préstamo dos libros cos que se traballa nos distintos grupos.

Os horarios re reunión serán de 17:30 a 18:30 horas para a categoría infantil, de 18:30 a 19:30 horas para os xuvenís e 19:30 a 21:00 horas para os adultos.

 

Esta entrada fue publicada en Cultura, Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta