Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca as probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Convócanse probas nas seguintes competencias clave:
- Comunicación en lingua galega.
- Comunicación en lingua castelá.
- Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
- Competencia matemática.
O prazo para presentar as solicitudes para participar nestas probas é a partir do 12 de marzo de 2016 e ata o 2 de abril de 2016.
A información referente a prazos de inscrición, requisitos, documentación necesaria , taxas, fases do procedemento , etc… atópase no DOG nº 49 do xoves 11 de marzo de 2016.
Calquera información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será proporcionada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada, sita na avda. Benito Vigo nº 94 (tlfno 986 57 09 97).
Fundación Cultural de A Estrada