Novo éxito de participación na 4ª Ruta Cabalar entre Cambados e Sabucedo

Ruta Cabalar

O vindeiro 24 e 25 de marzo terá lugar a cuarta edición da Ruta Cabalar entre Cambados e Sabucedo.Ao igual que en edicións anteriores, a participación é todo un éxito, completándose as prazas ao terceiro día de abrir o prazo de inscrición.

100 cabaleiros e amazonas partiran o día 25 de Cambados e recorreran 8 concellos pontevedreses facendo noite na cidade de Pontevedra, onde os cabalos resgardaranse na Praza de Touros ao igual que nas outras edicións. Tras recorrer 76 kms chegarán o día 26 a Sabucedo.

A Ruta Cabalar está organizada pola Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo en colaboración co Concello de A Estrada, dentro do plan director para o fomento do turismo en Sabucedo.

 

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada, Turismo. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta