Onte venres 8 de abril o IES Antón Losada participou nun Encontro Musical de Alumnado de Secundaria que tivo lugar no Coliseo Noela de Noia. O evento foi organizado pola Asociación de Profesorado de Música de Secundaria de Galicia e polo IES Virxe do Mar de Noia, contando coa colaboración do concello desta localidade. No encontro, ademais do estradense, participaron centros de Boqueixón, Moaña, Nigrán, Ortigueira, Salvaterra de Miño e Noia.
O alumnado do Losada, correspondente a Primeiro de Bacharelato, participou con dúas pezas no concerto celebrado pola mañá. Interpretaron unha versión de Vexo, de Acadacanto e unha versión rap orixinal do poema Verba a un irmau do poeta Manuel María.
A xornada completouse con diversos obradoiros formativos nos que puideronparticipar os rapaces e rapaces integrantes do encontro: O director decoros Ramón Bermejo impartiu o taller de voz; Leo Kch, un de rap; NarciRodríguez, o de percusión; e Verónica Martínez, de danza.
No IES Losada a actividade estivo coordinada polo Departamento de Música econtou coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística e daVicedirección do centro.
Departamento de Música e Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez