Todos os desempregados que estean empadroados na Estrada terán a posibilidade de asistir, DE FORMA GRATUÍTA, ó obradoiro de orientación laboral organizado polo Concello de A Estrada.
Redactaremos os curriculums, as cartas de presentación e crearemos perfís nos principais portais e redes sociais de busca de emprego en internet.
Teremos tamén un apartado adicado ó autoemprego para aqueles máis atrevidos que deciden emprender.
Se estás desempregado, non o dubides, anímate e inscríbete neste obradoiro. ¡Axudarémosche a buscar traballo!
*As datas non están concertadas, pero o obradoiro impartirase a finais de abril – principios de maio en función das persoas inscritas. Seguiremos informando.