O Ceip de Figueiroa acaba de ser seleccionado, xunto a outros 19 centros públicos de ensino non universitario de Galicia e integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

O Ceip de Figueiroa acaba de ser seleccionado, xunto a outros 19 centros públicos de ensino non universitario de Galicia e integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares para desenvolver o proxecto piloto ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR que ten como obxectivo a introdución de robots e da linguaxe de programación.

Con data 8 de abril de 2016 a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos fixo pública unha convocatoria dirixida a estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe de programación a través de actividades manipulativas e outras, programadas desde a biblioteca escolar, mediante a utilización de pequenos robots, os escornabots, deseñados dentro dun proxecto de Hardware Libre, cunha evolución aberta á comunidade. Búscase, tamén, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

O Ceip de Figueiroa volta a ser un centro de referencia na aplicación das novas tecnoloxías aplicadas ao ensino. Primeiramente o proxector Abalar (4 aulas de 5º e 6º de E. Primaria), logo os lectores electrónicos (e-readers), Proxecto E-Dixgal (4 aulas de 5º e 6º de E. Primaria), proxecto Programación nas escolas e agora o proxecto Escornabots na
biblioteca escolar.

Todo grazas ao compromiso de profesroes, pais e alumnos.

CEIP de Figueroa

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta