O Día das Letras foi o Día das Canteiras de Fútbol Sala na Estrada

_MG_4731O Coto Ferreiro acolleu onte o I Torneo das Canteiras de Fútbol Sala Alevín e Infantil organizado por A Estrada Futsal.

Na xornada participaron equipos do Ancoradouro, Noia FS, Victoria, Melide FS, Calo FS, ED Cotobade, Leis FS, AD. Burgo das Nacións, Burela FS, Praíña CF e Terra de Montes, ademais dos equipos locais de A Estrada Futsal.

Os participantes deron boa mostra do futuro que ten o fútbol sala galego e o excelente traballo, que están realizando todos os equipos, coa formación das bases.

IMG_4818En categoría Alevín proclamouse vencedor do Torneo Victoria. O Ancoradouro quedou segundo clasificaco e A Estrada Futsal terceiros ao gañar a final de consolación ante o Burgo.

En categoría Infantil gañou o torneo o Burela. O segundo posto foi para Melide e o terceiro o Noia FS que venceu no encontro polo terceiro e cuarto posto ao Ancoradouro.

Deixámosvos aquí unha galería con algúns encontros disputados pola tarde.

 

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta