O Concello de A Estrada en colaboración con ACROFAM realizará unhas charlas cun psicólogo para familias con rapaces décifít de atención e hiperactividade (TDAH).
Nas xuntanzas ademais de asesorar aos familiares pretenden servir de apoio para que os coidadores poidan intercambiar experiencias e resolver dúbidas.
O trastorno por déficit de atención e hiperactividade caracterizase por dificultades na atención (concentración, distracción), hiperactividade e impulsividade dun xeito incoherente co nivel de desenvolvemento do neno ou nena. A orixe é multifactorial, con elementos xenéticos, neuroquímicos, neuroanatómicos e psicosociais.