Os socialistas estradenses denunciaron nos últimos días a través da súa portavoz, Belén Louzao, o que consideran un fracaso do goberno nas súas políticas de creación de emprego.
Louzao urxe ao alcalde que tome medidas de atracción de empresas para xerar emprego e cre que «co concello se desangra» cunha caída e envellecemento da poboación superior á media do resto da provincia e onde diminuíron 500 afiliacións á Seguridade Social.