Xa están esgotadas as localidades para a comedia musical LA REINA DE LAS NIEVES que estará no Teatro Principal o domingo 30 de outubro ás 19.00h. A gran demanda de localidades realizada dende vilas tan diversas como Santiago, Chantada, Cambados, Silleda ou Lalín; levou ao Concello de A Estrada e á promotora do espectáculo DIVERTE EVENTOS a programar unha segunda función o mesmo domingo día 30 de outubro ás 17.00h. As entradas estarán dispoñibles a partir do vindeiro martes no Departamento de Cultura do concello da Estrada a un prezo de 10.00€.
Entradas esgotadas La Reina de las Nieves
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.