A Estrada Futsal e Concello coordinan coas forzas da orde o operativo de seguridade para o partido do día 19

 
O alcalde da Estrada, José López Campos, e o presidente de A Estrada Futsal, José Manuel Reboredo, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo con representantes da garda Civil, Policía Local e Protección Civil para coordinar o operativo de seguridade para o partido amigable de fútbol sala feminino que disputarán o mércores 19, no XII Memorial Coto Ferreiro, as seleccións absolutas de España e Portugal. José López enmarcou esta reunión de coordinación na necesidade de cumprir cos estrictos requisitos organizativos da Real Federación Española de Fútbol ao tratarse dun encontro de carácter internacional. Ao respecto, precisou que en total mobilizaranse preto de 20 efectivos entre axentes da Garda Civil e Policía Local, Protección Civil e persoal sanitario. Pola súa parte, José Manuel Reboredo indicou que o encontro comezará ás 20.30 horas e que as portas do pavillón Coto Ferreiro abriranse para o público arredor das 19.30 horas para que a xente que así o desexe poida presenciar tamén os quecementos de ambos equipos. En relación ás previsións de asistencia, o presidente de A Estrada Futsal precisou que o aforo sitúase arredor das 600 localidades e avanzou que «o ritmo de venda está a ser satisfactorio». Ao respecto, lembrou que as entradas seguen á venda, cun prezo de 5 euros, no Departamento de Deportes do Concello (4º andar) e nas oficinas de Helvetia Seguros. Ademais, tamén se poderán adquirir entradas o propio día do partido no pavillón. Por outra parte, José Manuel Reboredo tamén agradeceu a colaboración que o club está a recibir para facer posible este evento tanto por parte do Concello da Estrada e da Federación Galega de Fútbol como de diversos patrocinadores locais como Star Motor, Helvetia Seguros, City Lift, Pastelería Mimela, Tiko Doko e Copión.reunion-seguridade

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta