Estamos a presentar a cuarta edición do Festival de Cine de Terror PANIC, un festival organizado polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada, en colaboración con Pedro Pérez, no que tamén colabora o Servizo de Prevención de Trastornos Adictivos da Concellería de Sanidade do concello, a Asociación de Comerciantes da Estrada, Minicines Central e os distintos IES estradenses.Este é un festival dirixido á xente máis nova, que busca incentivar a súa participación coa programación de charlas motivacionais, distintos concursos e outras actividades relacionadas co ámbito das artes escénicas.A diferenza de anteriores edicións, este ano non haberá actividades de rúa, as inclemencias meteorolóxicas de anos anteriores, leváronnos a centrar os nosos esforzos na programación doutras actividades de interior, pero non descartamos no sucesivo insistir neste apartado.Se vos parece ben, paso a falarvos das distintas seccións do festival:
1-CERTAME DE CURTAMETRAXES E CONCURSO DE «MOBILSUSTOS»Seguindo o ritual de pasadas edicións, haberá un certame de curtas de terror onde participará todo aquel que queira facer a súa propia proposta cinematográfica. Poderanse ver en Minicines Central, antes do pase das películas, e deberanse facer chegar ao Departamento de Cultura do Concello ou á conserxería dos IES estradenses. Calquera dúbida poderá ser consultada no enderezo de correo: panicaestrada@gmail.comComo proposta novidosa, contamos este ano cunha convocatoria chamada «Mobilsustos» na que os rapaces, deberán darlle un susto a alguén ou provocar algunha escena de medo que quede rexistrada no seu móbil. Nesta actividade colabora ACOE, premiando aos gañadores do concurso con 150,00€ pagadeiros en vales de compra, a gastar nas distintas tendas asociadas da Estrada.
2-CHARLASOs días 20 e 21 de decembro, nos IES estradenses, Pedro Pérez, habitual colaborador deste certame, dará unha charla sobre «A CENSURA NO CINE» dirixida a alumnado de BACH e 4º ESO.Xa o día 13 de xaneiro, ás oito e media da tarde, está programada unha charla teatralizada sobre a realización da primeira película gore galega titulada «A MATANZA CANÍBAL», á que asistirán os seus actores Manuel Manquiña e Juan Esteban, e o director Ricardo Llovo. Tamén colaborará o actor Fran Campos.
3-PROGRAMA DE CINEO prato forte do festival serán os pases das películas que, ao igual que o ano pasado, estarán ubicados en Minicines Central. Coma novidade, este ano haberá unha maratón de terror o 13 de xaneiro composta por catro películas que comezará ás 12 da noite e se prolongará ata as 8 da mañá. A maratón estará precedida por unhas palabras de apertura do festival a cargo de MANUEL MANQUIÑA e polo pase da curta de Abel Carbajal: «La araña inmóvil» O título das películas do maratón son os que seguen:Piraña 3 DD (2.00h), Noche de miedo (4.00h), Al interior (6.00h),Amanecer de los muertos (8.00h)Seguindo coa programación de películas, a do venres día 20, leva o título «Nunca apagues la luz» e vai precedida, tamén, polo pase da curta «Penitencia» do director estradense: Jorge Castro. A do día 27 titúlase «Las últimas supervivientes».O día 2 de febreiro xoves, aproveitaremos o pase da película «A matanza caníbal» para entregar os Premios do concurso Mobilsustos.E xa para rematar, tamén en Minicines Central, o venres 3 de febreiro, ás 12 da noite, será o actor David Amor o encargado de facer a clausura desta edición do festival e falarnos sobre a curtametraxe de terror «Pani» na que participa xunto a Terele Pávez. Despois do pase desta curtametraxe, proxectaremos a última película do festival: «Train to Busan»
4- PROGRAMA DE ARTES ESCÉNICASDicir tamén, que complementaremos a emisión de películas, coa programación dun espectáculo de contos de medo a cargo da actriz PAULA CARBALLEIRA. Será o día 20 de xaneiro a iso das 20.30h nun espazo «sorpresa». Quedarase coa xente nun lugar da vila para desprazarse cara o sitio onde terá lugar a contada, e que estará ambientado a fin de xerar a atmosfera apropiada para o espectáculo. Para este evento, a xente terá que recoller un pase gratuíto, no Departamento de Cultura.O venres 27 de xaneiro, no Teatro Principal ás 21.00h será a compañía Ghazafellos a que poña en escena a obra «FRANKENSTEIN», unha obra pensada para público familiar e para o que haberá que recoller unha invitación no Departamento de Cultura.Comentarvos, por último, que todas as actividades do festival, agás a obra de FRANKENSTEIN, que terá un prezo de 3.00€, serán de balde. Aínda que nalgunhas, haberá que retirar unha invitación previamente, a efectos de organizarmos o aforo.Nada máis. Animar como sempre á xente a participar, agradecer a colaboración do servizo de Prevención de Drogodependencia da Concellería de Sanidade do Concello, de Minicines Central a través do seu responsable Luis Rivis, da asociación de comerciantes local, e a inestimable axuda de Pedro Pérez, na programación e organización do Festival.Estou convencido, coma di o lema do festival, que a xente pasará un PANIC de medo.






































