Móvete –movementoveciñalestradense- considera prioritario reparar a rede de saneamento da Estrada. O Risco medioambiental e para a saúde pública, ademáis do danopaisaxístico, son razóns de peso para erradicar os problemas dos vertidos dunxeito definitivo.
Móvete denuncia unha vez máis o estado da rede de saneamento, en concreto o vertido que se produce na Avenida de Benito Vigo, nasinmediacións da Discoteca Lennon e esixeincluílonaaxenda de prioridades para arranxalodunxeito definitivo.
A voceira, Mar Blanco, reclama aogoberno municipal unhamaiorresponsabilidade para determinar cales son os asuntos prioritarios e seleccionar os que se poden orzamentar a través dos Fondos Edusi. Mar Blanco propón incluir o arranxo do saneamento a través destes fondos, tendo en conta que é un asunto prioritario por razónsmedioambientais e de saúde pública e o Concello non pode demorar máis a erradicación destes vertidos.
No verán do 2015 Móveterexistrabaunha moción para comprometer aoGobernona solución destegrave problema dunxeito definitivo, argumentando odanopaisaxístico que causa, pero sobre todo polo risco medioambiental e para a saúde pública que conleva un vertido deste tipo, que pódese filtrar nasaugas das fontes próximas ou pode rematar sendoabsorvido polos cultivos das hortasao do gando.
Dendehai un bo número de anos segundo nos informan os veciños da zona, venseproducindona avenida de Benito Vigo, nasinmediacións da Discoteca Lennon pero nabeirarrúa contraria, unhaperda de augasresiduais procedentes do sistema de sumidoiros da vilaestradense. A perda segundo poidemos comprobar, brota xusto a altura dun dos sumidoiros que hainabeirarrúa. Aliescápase un abundante rego de augasresiduais que co paso dos anosdeixaron no lugar unha acumulación das sustancias e detritos que transportan transformadas nun limo viscoso e fedorento que contamina os terreos. Por se isto non fora suficiente, o regueiro de detrito cruza a rúa e continúa espallando a contaminación ata alo menos a parroquia de Guimarei, onde volvimos atopar o regueirounha vez incorporado a un manancialao que lle aporta a súaperigosa carga. Comprobamos de novo no lugar como atravesa o camiño por baixodeixando a ambos lados do mesmo a desagradable imaxe de limos contaminados, augas espumosas e grises e un desagradable fedor.
Móvete sostén que ata o de agora o Goberno Municipal negouse a afrontar este problema, pero que a concesión dos fondos Edusiabreunhaoportuniade para priorizar deficiencias e abordalasxeito definitivo.







































