Venta Das entradas «Campanilla el musical»

Mañá xoves poranse á venda as entradas do musical CAMPANILLA, EL MUSICAL.
«CAMPANILLA. EL MUSICAL. EL ORIGEN”
Sketch Eventos

DÍA: 8 de abril
HORA: sábado ás 17.30h
XÉNERO: Musical infantil
DURACIÓN: 85 min
CATALOGACIÓN: + 3 anos
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 8,00 € (Entrada anticipada Cultura, Ticketea e tenda Tiko Doco A Estrada)

«Campanilla, el musical. El origen» é unha nova versión do «Peter Pan» de Barrie. Unha historia chea de romanticismo onde se resaltan os valores de respectar, com- partir e disfrutar. Neste musical descubriranse os segredos que o autor non se atreveu a contar no seu libro; como a orixe dos personaxes, a historia de como se coñe- ceron Peter Pan e Campanilla e a súa relación de amor-odio. Un musical dirixido aos máis pequenos da casa pero pensado para disfrutar en familia.
O espectáculo reúne a catro cantantes de primeira fila, música orixinal, acrobacias e voos con teas, cunha escenografía feita a base de proxeccións. Dos mesmos produtores do musical Blancanieves, o espectáculo está dirixido por Fran Barranco e interpretado por actores procedentes de musicais como High School Music, Peter Pan, Shrek, Juguetes ou Sonrisas y lágrimas.
Campanilla, el musical fixo tempada no Teatro Rialto en Madrid con grande éxito de público e crítica. Foi nominado a mellor espectáculo infantil nos Premios Teatro Musical, edición do 2015.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta