Solidariedade en A Estrada coa Biopsia Líquida

 

O pasado 4 de marzo, presentáronse un grupo de amigos e familiares, ao concurso de disfraces da Discoteca Lennon, baixo o nome de “Tu cara me suena”. Foi unha noite do máis máxica e emocionante. A pesar de que era a primeira vez que actuábamos todos xuntos nun escenario, dimos todo o que estaba na nosa man para que a xente puidera desfrutalo tanto como o desfrutamos nós.
O entroido, é unha das festas que máis nos une, e ese día puidemos demostrar que a unión fai a forza. Desfrutamos dun momento que xamáis imos esquecer, porque foi realmente enriquecedor para seguir completando outro de tantos momentos que pasamos xuntos. Foi emocionante ver como o público estaba realmente entregado.
E aínda que había bastante competencia, o xurado puido ver as nosas verdadeiras ganas de pasalo ben, facéndonos así co terceiro premio en grupos.
Finalmente, decidimos levar a imitación más alá e como fan no concurso televisivo tomamos a iniciativa de aportar o noso gran de area a Campaña de Micromecenado da Biopsia Líquida, donando o importe íntegro recibido esa noite. Animámovos a todos a que colaboredes, na medida do posible, entre todos pódese conseguir.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta