O Concello abre o luns o prazo para anotarse no Campamento do Mar que será en Vilanova de Arousa do 8 de agosto ó 30 de setembro

O departamento de Servizos Sociais da Estrada abrirá o vindeiro luns, día 3, o prazo para inscribirse no Campamento do Mar, que se celebrará do 30 de agosto ó 8 de setembro e que terá como escenario as instalacións do campamento xuvenil As Sinas de Vilanova de Arousa (Pontevedra). Esta actividade está dirixida a rapaces de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos.

Haberá dúas quendas, a primeira para os nenos de 8 a 12 anos, e a segunda para os de 13 a 16. Para cada quenda ofértanse un total de 30 prazas, 26 paras os menores e 4 para monitores. O prezo é de 40 euros (o Concello bonifica o 50% de cada praza) e haberá diversos descontos.

Os interesados deberán presentar a súa solicitude (poderase descargar directamente o formulario na páxina web do Concello) no departamento de Servizos Sociais de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas. Ademais da solicitude deberase achegar unha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) do pai, nai ou titor legal e o do rapaz. O prazo de inscrición rematará o día 14.

O listado da persoas admitidas publicarase, a priori, o día 17 e desde o 18 ó 24 os aceptados deberán realizar o pago e presentar a documentación que lle sexa requirida tras comunicarlles a súa admisión.

Preferencias de inscrición

Á hora de anotarse terán preferencia:

1. Nenos/as que se atopen en situación de vulnerabilidade

2. Nenos/as que se atopen en situación de acollemento, sempre que conten cun informe favorable do traballador social.

3. Nenos/as que estean empadroados no Concello da Estrada

4. Orde de inscrición.

Prezo

• A tarifa normal é de 40 euros por rapaz

• No caso dos menores que se atopen en situación de vulnerabilidade será gratuíto

• No caso da participación de dous irmáns, o primeiro deberá pagar 40 euros e o segundo 30.

• Nas familias numerosas cada fillo terá que abonar 30 euros.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta