Quedan 13 prazas dispoñibles para a quenda de setembro do Campamento Urbano O luns ábrese o prazo para inscribirse en agosto no VIII Campus Deportivo

O luns inauguraranse os campamentos de verán 2017 da Estrada (Campamento Urbano e o VIII Campus Deportivo) que contan con mais de 600 prazas este ano.

No caso do Campamento Urbano hai un total de 280 prazas para xullo e agosto, que están totalmente cubertas, pero para a quenda do mes de setembro, das 40 ofertas, aínda quedan libres 13. Os interesados aínda se poden inscribir no departamento de Servizos Sociais do Concello, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas. Neste caso, para o mes de setembro, o prezo será de 23,10 euros por neno empadroado no municipio e os das demais localidades deberán abonar 38,50 euros.

Terán preferencia:

1. Nenos/as que se atopen en situación de vulnerabilidade

2. Os empadroados no Concello da Estrada

3. Familias nas que os dous pais se atopen traballando

4. Familias nas que algún dos pais estea en activo

5. Orde de inscrición

O Campamento Urbano terá lugar nas instalacións de Coesco e os participantes poderán desfrutar de saídas ás piscinas, á alameda e polos arredores do casco urbano. O horario será de 08.00 a 14.00 horas, aínda que varía se se solicita o servizo de almorzo ou de comedor.

Por outra banda, o luns ábrese o prazo para anotarse nas quedas do mes de agosto no VIII Campus Deportivo. No mes de xullo cubríronse as 200 prazas ofertadas e para agosto haberá 100. A actividade está dirixida ós nenos de entre 5 a 15 anos e terá lugar no complexo deportivo de Figueroa en horario matinal de 10.00 a 14.00 horas. O prezo será de 80 euros por participante. O único desconto que se aplicará neste caso será se participa máis dun membro da unidade familiar. Así, para o segundo membro da mesma familia o prezo será de 60 euros, para o terceiro, de 30 e a partir do cuarto será gratis.

Terán preferencia os menores empadroados no Concello da Estrada e de quedar prazas vacantes, serán ocupadas por aqueles rapaces que pertenzan a outros concellos. As inscricións deberán facerse de maneira presencial no departamento de Estatística, situado no planta baixa do Concello, en horario de mañá e a inscrición deberá realizala o pai, nai ou titor legal do participante.

O Campus Deportivo conta cun servizo de transporte gratuíto dende a estación de autobuses ata a zona deportiva, con paradas diante do Concello, Bar Gran vía, Ambulatorio e Cafetería Invictus, que por suposto, conta con servizo de volta. A hora de partida será ás 09.50 horas e a de saída ás 13.50 horas.

Actividades

As actividades que se ofertan son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, natación, tenis, ciclismo e xogos de iniciación para os máis pequenos. En cada quenda haberá unha excursión ó Aquapark de Cerceda e unha acampada nas instalacións das piscinas municipais, que en caso de choiva ou se non hai tendas de acampada suficientes será no Pavillón Coto Ferreiro. Tamén, poderán gozar dalgunha xornada na praia fluvial de Liñares.

Os participantes deberán levar roupa e calzado cómodos, bañador, toalla, chanclas, agua, algún aperitivo para a hora do recreo, crema solar e unha gorra. Os rapaces que padezan asma ou algún tipo de patoloxía similar deberán levar tamén un inhalador.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta