Finalmente, a unidade móbil con motivo do 30 aniversario do programa europeo Eramus+ situouse esta mañá, na Praza da Constitución (Praza do Concello), entre as 11.00 horas e as 14.00 horas, xa que se barallaba tamén a rúa Calvo Sotelo.A súa presenza servirá para que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poida dar a coñecer en profundidade as distintas posibilidades deste programa entre os mozos de diferentes puntos de Galicia, facendo unha labor de difusión durante a vindeira semana en distintas localidades das catro provincias galegas.A unidade móbil, que estará rotulada con motivos relacionados co 30 aniversario de Erasmus+ (de Erasmus a Erasmus+) dará visibilidade ó programa e ademais, entregarase material informativo e publicitario.ErasmusÉ o programa integrado da Unión Europea para a Educación, Formación, Xuventude e Deporte. A iniciativa orixinal xurdiu en 1987 como un programa de intercambio que permitía que estudantes universitarios puidesen aprender e enriquecerse estudando no estranxeiro. Ó longo dos últimos 30 anos esta iniciativa foi ampliando o seu alcance e envergadura. Na actualidade, Erasmus+ ofrece un maiornúmero de oportunidades tanto a persoas como a organizacións, dando a posibilidade de ir de voluntario ouaprendiz a países estranxeiros e cooperar en proxectos conxuntos. O Deporte tamén é unha parte fundamental de Erasmus+ e, ademais, hoxe en día o programa esténdese a países de fóra de Europa.De feito, desde o lanzamento del programa Erasmus+ en 2014, dous millóns de persoas de tódolosámbitos beneficiáronse das oportunidades que ofrece, tales como períodos de estudos, de prácticas ouvoluntariado, adquirindo experiencia no estranxeiro. E durante estes últimos 30 anos participaron un total de cinco millóns de persoas.Entre 2017 y 2020, Erasmus+ ten como finalidade brindar oportunidades a máis de dous millóns de persoas en toda Europa e no resto do mundo.






































