A ponte de Souto de Vea leva danada desde o temporal do mes de febreiro

                        

   

 

                                O estado no que se atopa é un perigo para a seguranza vial

     A pesar de que xa pasaron seis meses do temporal que asolagou todo Galiza o pasado mes de febreiro, aínda se pode apreciar os danos causados no noso concello na ponte que a travesa o río Vea entre o Souto de Vea e Santa Cristina de Vea. A forza do vento derrubou naquel entón unha árbore sobre a estrada PO-841 e aínda hoxe a Xunta do Partido Popular non foi quen de arranxar a barandilla e o quitamedos da ponte.

Pola súa parte o concello da Estrada, da mesma cor política que a Xunta de Galiza, a pesar do evidente mal estado da ponte, tampouco foi quen instar ao Goberno de Feijóo para que procederan ao arranxo da ponte, así como quitamedos.

Desde o BNG da Estrada instamos ao goberno municipal a petar nas portas de San Caetano para que a Xunta proceda ao arranxo inmediato da ponte entre o Souto de Vea e Santa Cristina de Vea. O estado no que se atopa é un perigo para seguranza vial.
    

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta