O Concello retira os residuos acumulados preto do punto limpo, algo que cualifican de puntual e non de vertedoiro incontrolado

 

 

 Hoxe pola mañá operarios do Concello levaron a cabo a retirada dos residuos que se atopaban amontoados cerca do punto limpo do municipio, nunha pista que se dirixe cara o encoro e que está  próxima ao cruce de Ferreiros, que separa os municipios da Estrada e de Cuntis.  “Consideramos que non nos atopamos ante un vertedoiro incontrolado, tal e como afirmou Móvete no pasado pleno, senón que se trata de algo recente, xa que nos últimos días operarios estiveron por alí e non viron eses restos”, asegura Juan Constenla, concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente.

Constenla pide a colaboración veciñal para evitar este tipo de actuación que contamina os nosos montes e que pode levar á formación dun vertedoiro incontrolado. Ademais, é preciso que as persoas que  divisen certa acumulación de lixo en calquera punto, informen inmediatamente ás autoridades pertinentes para proceder á súa retirada.

Debemos lembrar que os cidadáns teñen á súa disposición o punto limpo do municipio, situado no lugar de Penerada (Ouzande), detrás do matadoiro municipal, e que está aberto ao público os xoves e venres de 09.00 a 13.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta