Sanmartín Gestión leva esta semana a campaña de revisión gratuíta de parabrisas a Bandeira e Lestedo

o  A carpa na que os técnicos de Glassdrive revisarán os turismos instalarase o xoves 14 pola mañá en Bandeira e o sábado 16, tamén pola mañá, en Lestedo

o  Aos coches que se acheguen aplicaráselle un produto repelente da choiva que garante alomenos 20.000 quilómetros con mellor visibilidade

 

A corredoría de seguros Sanmartín Gestión, en colaboración coa firma Glassdrive, especializada na reparación e substitución de lunas de vehículos, retomará esta semana en Bandeira e Lestedo a súa campaña de revisión gratuíta de lunas e de substitución das escobiñas dos limpaparabrisas. Concretamente, a carpa na que os técnicos de Glassdrive atenderán a todos os turismos que que queiran achegarse -previa solicitude de cita- instalarase en Bandeira o xoves 14, na rúa Camilo José Cela nº 2, entre as 9.00 e as 14.00 horas. En canto a Lestedo, instalarase o sábado 16, de 9.30 a 14.00 horas, fronte á Cafetería O´26. Tendo en conta que a mala visibilidade é unha das principais causas de accidentes de coche cando chove, no marco desta campaña realizarase unha revisión gratuíta dos parabrisas e aplicaráselles unha imprimación dun produto repelente da choiva, a neve e a auganeve que garante alomenos 20.000 quilómetros con mellor visibilidade. Ademais, regalaráselle aos asistentes un novo xogo de escobiñas para o limpaparabrisas e sortearanse tiques canxeables por lavados integrais para o coche. Como en anteriores ocasións, esta campaña está aberta a todos os condutores e condutoras, con independencia de se son clientes de Sanmartín Gestión ou non. O único necesario para beneficiarse da mesma é chamar ao teléfono 986 180 388 (preguntar por Chus Iglesias) para reservar turno en Bandeira e ao teléfono 981 502 212 (preguntar por Marga Sanín) para reservar turno en Lestedo.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta