ACTA DO XURADO DESIGNADO PARA A VI EDICIÓN DO PREMIO DE TEXTOS TEATRAIS » VARELA BUXÁN»

 

Na Estrada, ás 16:26 horas do once de decembro de dous mil dezasete, na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Estrada, reúnense os membros do xurado  para escoller o texto gañador da VI edición do Premio de Dramaturxia «Manuel Daniel Varela Buxán», cos compoñentes que de seguido se relacionan:

 

  • Dona Ana Carreira Varela
  • Santiago Cortegoso Calvar
  • Eduardo Alonso Rodríguez

        

         Unha vez lidos os orixinais presentados, e de analizalos conxuntamente, o xurado acordou, por unanimidade, conceder o VI Premio de Textos Teatrais  Manuel Daniel Varela Buxán á obra presentada baixo o lema “Óptimo Máximo”. Unha vez aberta a plica, o lema correspóndese coa obra “Pallaso” da autoría de D. Fernando Castro Paredes.

 

         O xurado destacou deste texto a súa construción dramatúrxica rigorosa e coherente, e a súa viabilidade escénica.

 

Asemade; a aposta por un humor negro e absurdo cargado de dramatismo e ironía que debulla a realidade social.

 

         E non sendo outro o obxecto desta reunión, dáse por finalizada sendo as dezasete e cinco minutos cos membros, lugar e data arriba indicados. Asinan comigo, todos os asistentes ao pé da presente acta, da que eu como secretario dou fe.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta