Servizos Sociais abre os prazos para anotarse nas actividades de piscina e de prevención da dependencia para maiores

 

O Departamento de Servizos Sociais, abre mañá, día 13, o prazo para anotarse na actividade de piscina da primeira quenda de 2018 dirixida a persoas maiores de 50 anos, así como para as actividades de prevención da dependencia. Os interesados en inscribirse poderán facelo desde mañá no departamento de Servizos Sociais, sito na planta baixa do Consistorio, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

En ambos os casos, os demandantes deberán cubrir un formulario e aportar unha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) mais o Certificado de Discapacidade, se fose o caso. A actividade de piscina levarase a cabo entre o 2 de xaneiro e o 30 de marzo, ambos os dous incluídos, e terá un custe de 20 euros. O prazo para inscribirse rematará o día 22 de decembro. Os admitidos asistirán á actividade unha vez por semana e cada sesión terá unha duración de 45 minutos. Serán os luns, mércores e venres de 09.45 a 10.30 horas, os mércores de 20.00 a 20.45 horas ou os venres de 09.00 a 09.45 horas.

Por outra banda, nas Actividades de Prevención da Dependencia 2018, tanto no rural coma no casco urbano, para maiores de 50 ofértanse: xerontoximnasia, aeróbic de mantemento, taller de memoria e pilates. Para levar a cabo cada unha delas será preciso a existencia dun grupo de mínimo de dez persoas,e incluso, no caso de formación de grupos cando a asistencia ás actividades sexa inferior a dez participantes, procederase a suspensión das mesmas. O prazo de inscrición rematará o 9 de xaneiro.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta