A Oficina Agraria Comarcal dá coñecer as datas da celebración de oito charlas informativas sobre a declaración de superficies e novidades das axudas da Política Agrícola Común (PAC- DR 2018). Na Estrada será no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) o mércores día 28 ás 10.30 horas.
As demais datas fixadas son: mañá, xoves 22, no auditorio do Concello de Forcarei, o luns 26 no primeiro andar do auditorio de Vila de Cruces, o 27 na Casa da Cultura de Silleda, o mércores na Estrada, o xoves día 1 no Salón Teatro de Lalín, o día 2 no Centro da Terceira Idade de Agolada, o día 5 na Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares de Rodeiro e o día 6 no Centro Cultural Xinzo de Ponteareas.






































