‘A Estrada da Vida’ con Xosé Luna é Manuele de Felisa

Estamos preparando un proxecto, que é un libro-disco que se titula ‘A Estrada da Vida’. Fórmano 13-14 poemas da autoría do escritor e mestre estradense Xosé Luna. Musicados polo cuntiense Manuele de Felisa. Vai ser un disco Pop con aires dos 80, porque foi o que marcou a min e á miña xeración. Recolle todo o universo poético e vital da miña persoa.

El fixo unha escolma de toda a miña obra e seleccionou trece ou catorce poemas, como: ‘Memorias do Cairo’, ‘Sol Rebulideiro’, ‘Estrada Pop’ e ‘Da literatura e doutras cousiñas’, entre outras publicacións. Hai poemas como é o de A Estrada da Vida que está dedicado ó cuntiense Olimpio Arca Caldas, porque era o poema que máis lle gustaba a el. É un poema que compuxen hai 23 ou 24 anos.

No libro-disco participan outros moitos artistas que quixeron colaborar, como María do Ceo, Xiana Lastra ou Cibrán Seixo, por citar só algúns.

 

Estamos moi contentos, moi satisfeitos. A promoción farase na segunda quincena de abril e o primeiro concerto-presentación será no Teatro Principal de A Estrada o 11 de maio ás 21.00 horas. O libro vai prologado polo escritor Xosé Manuel Lobato e ilustrado por Amalia López Brea (Luchi).

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta