A xunta de goberno da Estrada adxudicou, este mediodía, o contrato de obra ‘Pavimentación en Orazo, Baloira, Frades e Couso’ á firma Construcións, Obras e Viais S.A. (Covsa) por un importe de 99.360 euros euros, que partía cun orzamento base de licitación de 150.000 euros. Presentáranse ao proceso nove empresas.
Esta actuación mellorará o firme de viais en Orazo (Po 505- N 640), Baloira (A Igrexa), Frades (Subión- Frades) e Couso (Sequeiró). A execución consistirá na limpeza de foxos, varrido superficial de firmes existentes e instalación de novas capas de rodadura. Ademais, realizarase un bacheo previo en todas aquelas vías que o precisen.






































