O CONCELLO DE A ESTRADA RECIBE OS DOUS NOVOS CAMIÓNS PARA A RECOLLIDA DE LIXO

O alcalde de A Estrada, José López Campos, e o edil de Obras e Servizos, Juan Constenla, recibiron esta mañá os dous novos camións adquiridos para a incorporación ó servizo de recollida de lixo. Un é de carga lateral e outro de carga traseira. Ademáis destes vehículos, o servizo mellorarse coa renovación de contenedores verdes. O Concello vén de mercar 150 unidades para instalar no casco urbán e outros 400 para repoñer os que están deteriorados no rural. Algúns quedarán en reserva para futuras necesidades, de xeito que uns 135 serán colocados na vila e arredor de 600 nas parroquias, tendo en conta que se aproveitarán tamén algúns dos que se saquen do casco urbán.
O camión de carga traseira xa está operativo dende hoxe e o de carga lateral comenzará a funcionar unha vez que estén instalados os colectores con este sistema. O Goberno local estima que será antes das festas do San Paio, en xuño.
 
 
 
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta