A directora da zona de Pontevedra de Caixabank, Cristina Vega, e o director da oficina da entidade en A Estrada, Herminio Cabero, presentaron o donativo de 15.000 euros que entregarán á Asociación para o Crecemento e Orientación Familiar (Acrofam) para contribuir a financiar os seus proxectos con nenos e adolescentes.

A presidenta da asociación, Kim Llobet, aproveitou para anunciar a súa intención de poñer en marcha tamén actividades pensadas para as mulleres.
No acto participaron outros dous representantes de Acrofam, a concelleira Amalia Goldar e o alcalde, José López Campos, que aproveitou para agradecer a implicación da Obra Social La Caixa noutras iniciativas do concello como foi no seu día a axuda para a compra dunha ambulancia medicalizada para o servizo de Emerxencias ou para as obras do futuro Centro de Día da localidade.






































