O Concello da Estrada xa procedeu á colocación dos 150 soportes de suxeición de colectores que están incluídos no proxecto deste goberno por mellorar o sistema de recollida de lixo, tanto no casco urbano coma no rural. Estas estruturas é unha aposta por solucionar o mal estado no que se atopaban os colectores, sobre todo do rural, que ao estar soltos sufrían maior deterioro debido ás condicións meteorolóxicas adversas. Para esta iniciativa o Concello estradense destinou 64.400 euros do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
Con este mesmo obxectivo, o de mellorar o servizo de recollida de lixo, o Concello acaba de recibir dous novos camións de lixo por 438.961 euros, procedentes do Plan Concellos 2016 da Deputación Provincial. É un camión de carga lateral e outro de carga traseira que se poñerán a funcionar en breves.
A maiores A Estrada adquiriu 155 colectores con pedal de 2.200 litros de capacidade e de 400 de 800 litros. Os primeiros colocáronse no casco urbano, substituíndo 330 anteriores por 130 novos, quedando os demais de reserva. Tiveron un custe de 128.000 euros. Para o rural destináronse os outros 400 que tiveron un custe de 45.450 euros.






































