Continúa a xeira de presentacións polo rural estradense do libro
Continúa a xeira de presentacións polo rural estradense do libro “Os nomes da Estrada, orixe dos topónimos das parroquias e lugares do Concello da Estrada”. Desta volta será nas Veas onde se fará unha análise máis detallada da toponimia desta zona que abrangue tamén ás Barcalas, Couso e Baloira.
Este acto terá lugar na escola de Santo André de Vea o vindeiro sábado 5 de maio ás 20:30 h. E xunto coa autora, Clara Iglesias, e o escritor David Otero en representación da A. C. Vagalumes, tamén intervirán activistas culturais desta área como son Teresa Villar, Amalia Fernández e Manolo Rodríguez.

Desta volta será nas Veas onde se fará unha análise máis detallada da toponimia desta zona que abrangue tamén ás Barcalas, Couso e Baloira.